Para entender ben esta Festa e podela gozar en toda a súa expresión, cómpre seguir de preto estes conselliños que vos damos:
- Aos bois non se lles pode tocar. Corresponde o seu tacto e coidado aos Homes do Sedeño e a Aguillada.
- O boi é un animal nobre pero en determinadas circunstancias pode ser perigoso se un no se vela. Hai que estar atentos.
- Os portais da vila de Allariz sempre estiveron abertos no percorrido do animal. Serven de refuxio e de desculpa. Deben permanecer dese xeito e nunca pecharse no caso de que o animal queira entrar.
- Seis bombas anuncian a saída inminente do boi e unha soa a fin da carreira.
- Debe evitarse pasear cos nenos pequenos durante o tempo das carreiras. Os nenos son responsabilidade dos pais.
- Durante o tempo das carreiras haberá un servizo de ambulancias na Barreira.
|