Dende que a festa pasou a ser de 9 días, estes son os principais eventos ordeados por orde que non te debes perder:
Proba do Boi
 Proba do Boi, no Campo da Barreira |
| O sábado da fin de semana anterior ó xoves de "corpus", ten lugar dende "A Barreira", lugar situado na parte de arriba do pobo, xunto á igrexa de San Benito e o Convento, a denominada Proba do Boi. Este é o primeiro Boi que se percorre, este día tradicionalemente serve para probar se os bois son aptos para correr e ver si son moi perigrosos ou non. |
Domingo Histórico: "Día do Xan de Arzúa"
 Recreación da Orixe da Festa |
| Este día histórico pretende recordar a orixe da festa, para isto ambientase o casco histórico de Allariz con motivos medievais e teñen lugar xogos e xantar medieval nas rúas da Vila. Celébrase tamén unha representación simbólica da tradición da festa e o que aconteceu naquel corpus, cando "Xan de Arzúa" e o boi espantaron ós xudeos que andaban a increpar durante a procesión. |
O Boi Infantil
 O Boi infantil |
| Adicado ós nenos, este día serve para que os más cativos lembren a festa, facendo percorrer eles mesmos un boi de xoguete. Tamén fanse xogos populares para que os nenos pasen unha tarde de festa coma fan os maiores noutros días. |
Carreiras do Boi
 O Boi polas rúas |
| O martes e o mercores correse o boi polas tardes. |
Xantar Popular
 Xantar Popular na Barreira |
| O Xoves, ademáis de bois, existe un xantar popular ó que todos os veciños que colaboran na festa están invitados a participar. Ademáis polas noites hai concerto. |
Venres do Boi
 Procesión das Argolas |
| Ó ser festivo local, este día esta cheo de actividades, tanto para cativos coma para maiores, habendo carreiras do boi pola mañán, mediodía e tarde. Charangas e gaiteiros amenizan o día con pasarrúas e a procesión da purrela levanos deica noite onde unha orquesta fai as delicias da xente deica altas horas da madrugada. |
Sábado do Boi
 Carreiras do Boi |
| Este día tamén conta con carreiras do boi pola mañán, ó mediodía e pola tarde. As charangas percorren as rúas da vila nun ambiente festeiro e unha orquesta continua con diversión pola noite. |
Domingo do Boi
 Embiste ao meco |
| Para os que teñan forzas o domingo do boi percorrese o boi ó mediodía e durante preto de 2 horas pola tarde, é o que se chama o maratón do boi.
|
*** Decir que a organización conta habitualmente con 4 bois durante as festas.
|