Festa do Boi Festa do Boi Allariz
   Fotografías  |  Videos   INICIO 

Historia da Festa
Os comezos
A Recuperación
Actualidade
Festa de Interés Turístico
 
A Festa
Como Seguir a Festa?
Consellos
Información Práctica
Festiboi
 
Festa do Boi 2010
Programa da Festa 2010
 
Actualidade
Novas
 
A.C. Xan de Arzúa
A Asociación
Contactar
Produtos do Boi
 
Multimedia
Fotografias
Videos
Cámaras en Directo
Colección de Carteis
 


» Festiboi

2º Festiboi - Concurso Musical de Grupos Galegos 2008

BASES CONCURSO MUSICAL - II FESTIBOI 2008 ALLARIZ

1º Neste concurso poderá participar calqueira formación musical que o desexe, sempre e cando non teñan publicados traballos con casa discográfica algunha.

2º Prioritariamente escolleranse grupos que estean a empregar a rede de salas de nSAIO promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

3º Os grupos elexidos despois da primeira fase serán 8 ( 2 de cada provincia galega)

4º O estilo musical é aberto a todos os tipos, non se admitirán traballos nos que se manifesten proclamas xenófobas, racistas, sexistas, homófobas ou calqueira expresión de desprezo aos dereitos humanos.

5º O Concurso divídese en 2 fases:
1ª Fase – Preselección
Os grupos participantes deberán enviar unha mostra dos seus traballos en calqueira formato: cd-audio, mp3, enlace web, dvd…, antes do día 25 de febreiro aos seguintes enderezos:

A.C. Xan de Arzúa
A/A Javier Feijóo López
Rúa do Portelo, 4 2º andar
32660 ALLARIZ – Ourense
festadoboi@allariz.com

É importante acompañar información relativa ao grupo indicando:
- Nome do Grupo 
- Localidade e Provincia 
- Datos de Contacto (teléfonos, correo...) 
-  Nº de Integrantes e instrumentos
- Rider Técnico (importante)

2ª Fase – Selección e Concurso
Antes do 5 de marzo, publicarase o fallo do xurado no enderezo web www.festadoboi.com, procedendo a comunicar esta decisión a cada un dos 8 finalistas escollidos, que participarán no Festival-Concurso a celebrarse o día 15 de Marzo de 2008 en Allariz.

6º O Xurado estará composto por membros da A.C. Xan de Arzúa e colaboradores de Radio Allariz, sendo un total de 6 os mesmos.

7º Os grupos elexidos terán a posibilidade de escoller entre 100€ en concepto de dietas por grupo ou aloxamento para os integrantes (bungalows).

8º. O xurado terá a potestade de declarar deserta a concesión dalgún ou de todos os premios, si a xuizo do mesmo as actuacións non reuniran os méritos suficientes.

9º. O fallo do xurado darase a coñecer o mesmo día 15 de marzo ao remate das actuacións.

Primeiro Premio. 1000 €uros
Caché por actuación durante a Festa do Boi 2008, día 17 de Maio.

Segundo Premio 600 €uros
Caché 2 actuación en locais da rede Clubtura designado pola A.C. Xan de Arzúa

Terceiro Premio 300 €uros
Caché 1 actuación en local da rede Clubtura designado pola A.C. Xan de Arzúa.


10º O feito de participar no concurso implica a aceptación das bases do mesmo


Convoca.
A.C. Xan de Arzúa – Festa do Boi

Aclaracións e contacto:
A.C. Xan de Arzúa
A/A Javier Feijóo López
Rúa do Portelo 4, 2º andar
32660 ALLARIZ – Ourense
Tlf. 988442210 Fax 988442362
festadoboi@allariz.com

 


 

 
(C) Logo A.C. Xan de Arzúa    |    aviso legal   |   colabora Concello de Allariz   |    Por @inet Consulting