Festa do Boi Festa do Boi Allariz
   Fotografías  |  Videos   INICIO 

Historia da Festa
Os comezos
A Recuperación
Actualidade
Festa de Interés Turístico
 
A Festa
Como Seguir a Festa?
Consellos
Información Práctica
Festiboi
 
Festa do Boi 2010
Programa da Festa 2010
 
Actualidade
Novas
 
A.C. Xan de Arzúa
A Asociación
Contactar
Produtos do Boi
 
Multimedia
Fotografias
Videos
Cámaras en Directo
Colección de Carteis
 


» A Recuperación

A Recuperación

Ampliar Foto...
Grupo de xente que recuperou a festa
A recuperación da Festa do Boi tivo lugar no ano 1983 gracias a iniciativa dun grupo de mozos alaricanos que, dende sempre, oíran falar con saudade ós seus maiores desta festa que case ninguén deles tivera a sorte de coñecer: nas súas casas, nas tabernas, nas tertulias que habitualmente se formaban nas rúas, ...a conversa derivaba invariablemente á lembranza deste acontecemento xa perdido, pero enormemente arraigado na memoria e no sentimento das xentes.

Unha tarde de inverno, pasado o Entroido, no bar Romero (actualmente Arco da Vella), lugar propicio ás conversas dos veciños ó final da xornada, estas remataron unha vez máis -¡como non!- no recordo da Festa do Boi. A tertulia amigable tornouse en reto dos maiores ós mozos para ver se estes eran capaces de recuperar o que xa había vinteún anos que estaba perdido. Dito e feito. Alí mesmo formouse a primeira "Comisión", integrada por Anxo Quintana, Juan Carlos Seara, Ángel Fernández, José Ángel González e probablemente algún outro máis. Redactouse un escrito solicitando ó Concello de Allariz o correspondente permiso e unha pequena axuda económica. O permiso foi concedido, pero a axuda económica quedou pendente de estudio. O comenzo non era para desesperar, pero quedaba todo por facer, sobre todo o problema da financiamento. Así que, informándose polas persoas que coñeceran a festa nos seus últimos anos, comezaron a pedir, porta a porta, a contribución voluntaria dos veciños, como tradicionalmente sempre se fixera.

Ampliar Foto...
Primeiras carreiras
A colaboración foi xenerosa en diñeiro, pero sobre todo en emoción e entusiasmo polos máis vellos. O "nerviosismo" da festa volveu apoderarse das rúas de Allariz.

Despois da colecta, o seguinte paso foi buscar un boi axeitado, dos que xa empezaban a faltar, polo cambio dos tempos, e que xa non había en Allariz. Encontrarono na feira de Viana e correuse o domingo anterior ó Corpus para comprobar as súas cualidades; o retorno da Festa do Boi non podía facerse de calquera maneira. Así quedou instituído no sucesivo o "Domingo da Proba ".

Prevendo posibles imprevistos, compraron outro de reserva en Montederramo. Ámbolos dous, das mans dos homes do sedeño, protagonizaron as carrreiras do mércores, despois da procesión de Xan de Arzúa, e do xoves, unha as oito da mañá, outra a continuación da procesión do Corpus e, a terceira, a última hora da tarde, entre o estrondo dos bombos portugueses "Os pereiras".

Ampliar Foto...
O Boi volta ás rúas de Allariz
Houbo que suplir con esforzo e cos recursos propios a falta de medios económicos: os membros da comisión fixeron e montaron un palco para a actuación do grupo folclórico (Rancho do Cerdal, de Portugal), coidaron dos bois durante tódolos días da festa, trouxeron e levaron a tódolos membros dos grupos que actuaron nos seus coches particulares, venderon "pañoletas", organizaron sorteos, etc., etc. Pero todo isto quedou compensado dabondo ó ver tremer de emoción ós máis vellos, e non tan vellos, cando pasaba o boi, na súa imparable carreira, diante deles.

 


 

 
(C) Logo A.C. Xan de Arzúa    |    aviso legal   |   colabora Concello de Allariz   |    Por @inet Consulting